Thursday 02 de May de 2024

O IES Urbano Lugrís de Malpica renova a súa imaxe exterior da man do seu alumnado


• O Concello, en colaboración coa Consellería de Educación, completou a limpeza do entorno do centro para que os estudantes puideran pintar o cerrado das instalacións.

O IES Urbano Lugrís de Malpica xa loce unha imaxe exterior renovada grazas á colaboración de alumnado, Concello e Consellería de Educación.

Os traballos comezaron coa limpeza con auga a presión do pavimento e da estrutura do cerrado das instalacións. Tamén se podaron as árbores e se acondicionaron os espazos verdes do centro.

Logo destas tarefas previas, os estudantes do instituto procederon ó pintado da separación entre o exterior e o interior do recinto escolar. Así, o instituto encara as últimas semanas de curso escolar cunha limpeza integral e un aspecto máis colorido.

O goberno local agradeceulle á rapazada “o esforzo por darlle unha nova imaxe ás instalacións, que agardamos que se manteñan en boas condicións durante moito tempo”.